O vindeiro xoves día 13, o voceiro de Alternativa dos Veciños, Juan Fariña, reunirase coa alcaldesa de Betanzos, María Barral. No encontro abordarase o problema coas liñas e frecuencias de autobús que afecta aos dous municipios.
“Preocúpame que os concellos afectados non sexamos quen de artellar unha postura común para esixir, entre todos, as solucións que a día de hoxe a Xunta é incapaz de proporcionar”, dixo Fariña.