As próximas noites, ata a do vindeiro luns 17 incluída, está prevista a finalización dos traballos de pavimentación da avenida Che Guevara, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. Unha vez rematados pintado en diversas vías principais de Perillo e Santa Cruz, conforme aos detalles que se relatan a continuación.
A noite do mércores ao xoves continuarase avanzando cos traballos de pavimentación, neste caso no entorno da glorieta de Santa Cristina. Na noite seguinte procederase a pavimentar os tres carrís de acceso a Oleiros desde a Ponte Pasaxe cara á glorieta de Santa Cristina, neste caso si que se afectará significativamente ao tráfico, procedendo á sinalización dos desvíos correspondentes.
A noite do domingo ao luns asfaltaranse os dous carrís de saída desde a glorieta de Santa Cristina cara á ponte da Pasaxe. Neste caso o tráfico desviarase alternativamente por un ou outro carril en función do avance dos traballos. Na seguinte noite pavimentarase a rotonda de Santa Cristina.
Finalizados os traballos de pavimentación procederase, tamén en horario nocturno ao repintado da totalidade da sinalización viaria horizontal da avenida, entre a ponte da Pasaxe e Santa Cruz.