Friday 22 de November de 2024

O Concello de Touro pon en marcha unha liña de axudas para fomentar a natalidade e o asentamento de poboación


O Concello de Touro acaba de poñer en marcha unha liña de axudas coa finalide de fomentar a natalidde e o asentamento da poboación no territorio do municipio. A contía da axuda é de 1.000 euros por cada fillo ou filla nados, adoptados ou acollidos e 1.500 euros no caso de que o fillo ou filla nado ou adoptado sexa o segundo ou sucesivos ou no caso de nacementos ou adopción de fillos ou fillas con algunha discapacidade recoñecida cun grado igual ou superior ao 33%. En caso de partos múltiples, terase dereito a percibir un 100% adicional para cada fillo ou filla nado.

As persoas beneficiarias desta axuda, cuia convocatoria está aberta todo o ano, serán conxuntamente os proxenitores ou adoptantes, según detalla a normativa ao respecto impulsada polo Concello de Touro. Que condicións terán que cumplir para acollerse a esta axuda? Os proxenitores, ou polo menos un deles, e o menor nado deberán manter o empadroamento no municipio de Touro nos seis anos posteriores ao nacemento. Ademáis, polo menos uno dos proxenitores deberá estar empadroado no Concello de Touro cunha antelación mínima de nove meses á data do parto ou adopción. Entre outras condicións, os solicitantes tamén terán que estar ao día do corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello de Touro.

As solicitudes das axudas deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Touro e deberán facerse no primeiro ano de vida do menor ou ata os tres anos de idade do menor adoptado. Para formalizar as solicitudes requírese unha documentación, entre a que está o certificado de rexistro de nacemento e o certificado de empadroamento.