Persoas usuarias do CAD engalanaron o interior da instalación situada na Pobra do Caramiñal con temática propia do Samaín.
Colocaron esqueletos, pantasmas, cabazas, morcegos e espantallos elaborados por elas e eles mesmos, ademais doutros ornamentos.
A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), explica que se prosegue así na liña de estimula-la creatividade con este tipo de iniciativas que tamén se realizan noutras datas festivas, como o Entroido.