Friday 22 de November de 2024

Últimas prazas para anotarse no obradoiro gratuíto de apoio a mulleres emprendedoras do Concello de Lousame


Últimas prazas para anotarse no obradoiro gratuíto de e-commerce e marketing dixital que organiza o Concello de Lousame. Unha iniciativa formativa dirixida a mulleres emprendedoras, de máis de 18 anos e residentes en Lousame, ao abeiro do programa de promoción da empregabilidade feminina “Xeración 202=22”. Máis información e inscricións no teléfono 981 820 494 ou no 689 126 385, onde se lles informará de datas e horarios.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “o obxectivo do obradoiro de comercio electrónico é adquirir os coñecementos prácticos para desenvolver un negocio de venda de produtos ou servizos en liña”. Un curso no que as alumnas aprenderán a contratar unha páxina web, chegando a ser as propias administradoras ou xestoras da tenda. No caso do marketing dixital, buscarase que as emprendedoras lousamiás comprendan como funciona a publicidade na Internet e sexan quen de planificar campañas por si mesmas a través das redes sociais.

O programa de promoción da empregabilidade feminina “Xeración 20=22”, que está a desenvolver o Concello de Lousame, conta co financiamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e do Ministerio de Igualdade. Ata o momento, este programa xa formou a outras vinte mulleres de Lousame en introdución á informática e ás novas tecnoloxías, así como en motivación e técnicas para a busca de emprego.