Friday 22 de November de 2024

Indignante resposta da Xunta aos veciños do Couto que piden un paso de peóns


A Consellería de Infraestrutras contestoulle aos veciños e veciñas do Couto que reclaman un paso de peóns dicíndolles que faltarían 4 casas máis para poder reducir a velocidade a 50 km/h e pintar o paso de peóns. Patético! Cando todos sabemos que no Couto non hai 16 casas, senón máis de 100.

E por certo, para que vale ter como deputado autonómico (tamén presidente da xuventude do PP de Galicia) a un veciño de Dorneda? Que fixo para demandar da Consellería este paso de peóns? Saía o outro día reclamando melloras para A Coruña e, en cambio, non lle require á Xunta migallas para os seus veciños de Dorneda.