Friday 22 de November de 2024

O Concello de Neda recupera a celebración da festa do Magosto para a Terceira Idade


Abrirá inscricións o próximo 19 de outubro para tomar parte na cita, gratuíta para os veciños e veciñas da localidade

O Concello de Neda recuperará este ano a tradicional festa do Magosto para a Terceira Idade. Celebrarase o vindeiro 4 de novembro no centro cívico Ramón Millarengo, e nuns días, o 19 de outubro, abrirá inscricións no departamento municipal de Servizos Sociais para tomar parte. Para os veciños e veciñas da localidade, a celebración será gratuíta, namentras que para aqueles que acudan doutros municipios, terá un custe de 5 euros.

Na festa non faltarán as castañas, os boliños preñados, viño e refrescos e baile amenizado por un grupo con música en directo.

Unha proposta que une lecer e tradición para os nosos maiores.