O Concello organiza para o mes de novembro un obradoiro de creación literaria titulado Cando a palabra é territorio, impartido por Antía Otero. Terá lugar o 8, 15, 22 e 29 de novembro de 19.00 a 21.00 h no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.
Este obradoiro propón reparar no territorio, nomealo desde a propia experiencia, acudir á memoria individual e colectiva, ata convertelo no centro da escrita. Nos encontros, atendendo á ollada de cada participante e ás súas vivencias en Oleiros, crearemos un mapa literario no que emoción e territorio irán da man. A palabra escrita será a ferramenta coa que darlle forma.
As persoas interesadas poderán inscribirse enviando un correo cos datos persoais a lingua@oleiros.org desde o 10 de outubro.