O vindeiro luns, día 17, terá lugar a primeira sesión do club de lectura da Biblioteca María José Trincado, de Mera, coordinado pola escritora e xornalista Silvia Salgado. Dedicarase a comentar a obra El sentido de un final, de Julián Barnes. A actividade comeza ás 19.00 h e durará hora e media.
As persoas interesadas en participar deben apuntarse na biblioteca de Mera, indo por alí ou chamando ao teléfono 981 628 507, en horario de tarde. Tamén poden coller o libro na biblioteca, se así o desexan.