― Para facilitar a mobilidade dos usuarios da estrada, haberá tráfico alternativo regulado con sinalistas, entre as 9 e as 20 horas do luns e do martes
― Este corte de carril é preciso para retirar os antigos báculos de alumeado e realizar a cotinuación os traballos de cableado
― A intervención, cun investimento da Xunta de 500.000€, comezou en setembro e reforzará a seguridade dos peóns mediante a substitución da varanda por unha nova
― A actuación tamén incluirá a optimización da eficiencia enerxética da ponte ao renovar a iluminación apostando pola tecnoloxía LED
― A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica co fin de proporcionar unhas estradas seguras e eficientes aos cidadáns
A execución das obras de conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550 ao paso polos concellos de Noia e de Outes, fará necesario habilitar un corte de carril dende o luns e o martes.
Co obxectivo de seguir avanzando nestes traballos iniciados en setembro e retirar agora os antigos báculos de alumeado para continuar logo co cableado, é preciso efectuar este corte de carril.
Para facilitar a mobilidade dos usuarios da estrada, haberá tráfico alternativo regulado con sinalistas, entre as 9 e as 20 horas do luns e do martes.
A Xunta continúa progresando nestas actuacións, iniciadas en setembro e que suporán un investimento autonómico de máis de 500.000 euros.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actúa nesta ponte, situada no punto quilométrico 69 da vía autonómica que une os municipios de Noia e de Outes, co fin de aumentar a seguridade dos peóns mediante a substitución da varanda por unha nova.
A varanda virá xa fabricada e pintada do taller en tramos de 6 metros co fin de proceder á súa instalación de xeito rápido.
Antes do desmonte da varanda actual, realizarase unha limpeza dos restos vexetais nos bordos exteriores das beirarrúas do taboleiro e na cara horizontal da imposta. Esta acción é necesaria para a correcta execución dos traballos posteriores.
Ademais, procederase á optimización da eficiencia enerxética da ponte mediante a substitución da iluminación existente por outra con tecnoloxía LED.
A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica co fin de proporcionar unhas estradas seguras e eficientes aos cidadáns.