Sunday 24 de November de 2024

O Concello cooperará cun proxecto en Guatemala das Mercedarias Misioneras de Bérriz


A orde das Mercedarias Misioneras de Berriz vai recibir unha subvención do Concello de Oleiros de 6.012,13 euros para colaborar na construción dunha casa destinada á prevención de violencia contra as mulleres e formación da xuventude na Parroquia Nuestra Señora de las Victorias, en Guatemala. A vivenda actual na que están a desenvolver este traballo é demasiado pequena para as catro irmás que traballan alí.

Este proxecto desenvólvese nunha das zonas máis empobrecidas de América Latina. As prioridades son o traballo coas mulleres, con adolescentes e tamén a formación de persoas adultas.

As Mercedarias Misioneras de Berriz é unha orde relixiosa que traballan en diferentes pobos do mundo en favor de diferentes colectivos desfavorecidos. O Concello de Oleiros leva décadas colaborando con esta congregación.