Saturday 16 de November de 2024

A Xunta recoñece a excelencia de 20 alumnos cos premios extraordinarios de bacharelato 2021/2022


— Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica

— Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 20 alumnos que cursaron 2º curso de Bacharelato no curso 2021/22 cos premios extraordinarios. O obxectivo deste galardón é valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo dos estudantes que remataron esta etapa educativa cun sobresaínte resultado académico.

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os rapaces debían contar cunha nota media no Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. Así mesmo, os candidatos tiveron que superar unha proba presencial estruturada en dúas partes.

A primeira dela centrouse na análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, así como na resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira lingua estranxeira II cursada. A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia, a escoller entre Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II e Fundamentos da arte II.

Cada un dos galardoados recibe un premio económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

A relación de persoas premiadas é a que se detalla no seguinte cadro:

Concello Centro educativo Persoa premiada
A Coruña CPR Plurilingüe Compañía de María Duckworth Juárez, Marta
A Coruña IES Plurilingüe Adormideras Otero Lema, Brais
A Coruña CPR Plurilingüe Liceo La Paz Parada Burés, Diego
A Coruña CPR Plurilingüe Peñarredonda Pin Yeste, Alberto
Cee IES Agra de Raíces Pérez Soto, Mateo
Negreira IES Xulián Magariños Casas Neo, Mencía
Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez I Asegurado Mougán, Daniel
Santiago de Compostela CPR Manuel Peleteiro Ayaso Torres, Carlos
Santiago de Compostela CPR Manuel Peleteiro Pereira Angueira, Tomás
Santiago de Compostela CPR Manuel Peleteiro Sanmartín Goyanes, Alexandre
Santiago de Compostela CPR Plurilingüe La Salle Pérez Moreta, María
Santiago de Compostela IES Antonio Fraguas Fraguas Sanjurjo Carballeira, Erea
Teo IES de Cacheiras Montoto Pintos, Eva
Burela IES Monte Castelo Geada Bernal, Alba
Lugo IES Lucus Augusti Castro Díaz, Antía
Ourense IES As Lagoas Gallardo Quevedo, María
Vigo CPR Plurilingüe Rosalía de Castro Domínguez Fernández, Nicolás
Vigo IES do Castro Martínez Cabeza, Sabela
Vigo IES do Castro Villamarín Puentes, Manuela
Vilagarcía de Arousa IES Castro Alobre Senín Sánchez, Clara