Os días 20, 22 e 27 de setembro do 2022 impartiranse novos cursos de mediación de dereitos sexuais e reprodutivos nas Casas da Mocidade (As Pedras –Perillo- e Portaberta –Santa Cruz-)
O curso, dirixido a persoas entre 18 e 30 anos, terá unha parte teórica e outra práctica na que se pretende dotar ás persoas participantes de ferramentas para contribuír á defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos, ademais de poder desenvolver os seus propios proxectos e recursos pedagóxicos e de sensibilización para traballar de forma activa na promoción deses dereitos.
Ao longo de tres xornadas búscase sensibilizar á mocidade sobre as necesidades no marco da saúde e dos dereitos sexuais e reprodutivos ademais de facilitar o seu empoderamento para que os coñezan e os poidan exercer.
É importante resaltar que os dereitos sexuais e reprodutivos son un medio para asegurar que todas as persoas poidan tomar decisións sobre a súa sexualidade e a poder vivila de forma libre e satisfactoria. Neste sentido, constitúan un marco para o benestar e para a garantía da saúde sexual e reprodutiva.