Tuesday 23 de April de 2024

O CCRD Perlío conquista o Trofeo de Fútbol Concello de Neda disputado este domingo


O campo de fútbol municipal acolleu unha tarde de fútbol de alto nivel co triangular organizado polo clube local

O CCRD Perlío alzaba onte á tarde a copa de campións do Trofeo de Fútbol Concello de Neda. O equipo local, a SD Rápido de Neda, quedaba en segunda posición, e a SCD A Capela ocupaba o terceiro posto do triangular. Un torneo organizado polo clube local co apoio do Concello, disputado nun fantástico ambiente deportivo e de público, que augura a súa continuidade.

O trofeo coincidía no tempo coa última xornada das festas patronais de Santa María, un broche de ouro para os festexos de Neda.