Friday 22 de November de 2024

A Biblioteca acollerá a vindeira semana a presentación do libro “El eco de tu voz”, do escritor Juan Galán


A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro mércores, día 14, a Biblioteca municipal acollerá a presentación do libro “El eco de tu voz”, do escritor Juan Galán. A cita terá lugar na sala multiusos da planta soto a partir das 19.00 horas e no transcurso do acto o autor estará acompañado pola escritora naronesa María Isabel Ramos.

“El eco de tu voz” (Editorial Medulia, 2002), conta a historia de Adela a través da súa propia voz e a doutras mulleres que pasan pola súa vida. A obra é tamén a historia dun amor apaixoado entre Fabiana Ponte, a avoa anarquista de Adela, e a escritora británica Virginia Woolf, unha trama que se desenvolveu no ano 1916 na Coruña. Juan Galán indicou que o libro “trata da emancipación da muller e, específicamente, da independencia que a muller escritora debe ter para crear”.

Galán naceu na Coruña, no ano 1961, e actualmente reside en Ares. Comezou a súa carreira literaria coa publicación, en 2021, da novela histórica “Romanza de los naranjos en flor”, (Editorial Letrame), unha novela ben documentada que trata sobre os campos de concentración e a represión dos republicanos en Galicia durante a Guerra Civil.