Esta romaría congrega cada ano a numerosos asistentes que desfrutan da festa e perpetúan a tradición de comer de campo
A parroquia de Poulo celebrará o vindeiro xoves e venres, 24 e 25 de setembro, a súa festa na honra á Nosa Señora da Mercé. Trátase dunha das romarías máis populares e concorridas da comarca, na que cada ano veciños e festeiros se achegan para desfrutar dunha xornada onde non falta a comida campestre.
O cartel para ambos os días inclúe misas ás 10, 13 e 20 horas. Na primeira xornada a sesión vermú estará animada polo grupo Cinema, que volverá subir ao escenario de noite na compaña da orquestra Armonía Show. No último día de celebración Miramar porá a nota musical a mediodía. Pola noite volverá repetir pase xunto coa orquestra Bomba.
A organización instalará unha carpa para poder resgardarse no caso de que chova.