Friday 22 de November de 2024

O BNG esixe adoptar medidas que eviten danos na ría de Arousa e axudas para recuperar o monte queimado


Os agoiros e temores sobre o posible arrastre de cinzas e terra á ría de Arousa por culpa do grande incendio forestal que arrasou a Serra da Barbanza están a cumprirse. A pesar das advertencias feitas polo sector pesqueiro e marisqueiro, da preocupación mostrada polos alcaldes ou das propostas realizadas polo BNG para evitar este efecto arrastre chegara á ría, a Xunta de Galiza non puxo os medios necesarios.

A deputada Rosana Pérez e os voceiros do BNG en Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira compareceron na desembocadura do río Pedras para instar á Xunta a tomar todas as medidas oportunas para evitar que as cinzas e terra queimada chegue aos ríos e regatos e, por tanto, evitar que chegue á ría de Arousa.

“Á vista dos acontecementos, cuestionámonos se as medidas adoptadas foron as suficientes, a pesar de que poucos días despois do incendio o conselleiro do Medio Rural anunciaba a bombo e prato as medidas para evitar que as cinzas acabasen nos ríos, regatos e no mar, pero desgrazadamente a realidade é outra” asegurou Pérez Fernández.

A parlamentaria nacionalista pediralle a Mar e Medio Rural que informen de todo o que se fixo até o momento e insta ao Goberno galego a analizar as consecuencias do arrastres de cinza á ría. “Débese actuar de inmediato para coñecer se as cinzas afectaron aos bancos marisqueiros e, de se confirmar que hai afección, establecer liñas de axudas ás confrarías”.

Desde o BNG recriminan a actitude “negacionista” do Goberno galego do que din estar máis preocupado en negar a realidade que en poñerse a traballar para evitar danos económicos e ambientais maiores. Por último, tamén piden abrir un diálogo coas comunidades de montes para recuperar o monte queimado e para apostar por un novo modelo no que haxa rendemento económico, pero no que coidemos o noso medio natural potenciando as especies autóctonas.

O BNG esixe adoptar medidas que eviten danos na ría de Arousa e axudas para recuperar o monte queimado

Os agoiros e temores sobre o posible arrastre de cinzas e terra á ría de Arousa por culpa do grande incendio forestal que arrasou a Serra da Barbanza están a cumprirse. A pesar das advertencias feitas polo sector pesqueiro e marisqueiro, da preocupación mostrada polos alcaldes ou das propostas realizadas polo BNG para evitar este efecto arrastre chegara á ría, a Xunta de Galiza non puxo os medios necesarios.

A deputada Rosana Pérez e os voceiros do BNG en Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira compareceron na desembocadura do río Pedras para instar á Xunta a tomar todas as medidas oportunas para evitar que as cinzas e terra queimada chegue aos ríos e regatos e, por tanto, evitar que chegue á ría de Arousa.

“Á vista dos acontecementos, cuestionámonos se as medidas adoptadas foron as suficientes, a pesar de que poucos días despois do incendio o conselleiro do Medio Rural anunciaba a bombo e prato as medidas para evitar que as cinzas acabasen nos ríos, regatos e no mar, pero desgrazadamente a realidade é outra” asegurou Pérez Fernández.

A parlamentaria nacionalista pediralle a Mar e Medio Rural que informen de todo o que se fixo até o momento e insta ao Goberno galego a analizar as consecuencias do arrastres de cinza á ría. “Débese actuar de inmediato para coñecer se as cinzas afectaron aos bancos marisqueiros e, de se confirmar que hai afección, establecer liñas de axudas ás confrarías”.

O responsábel comarcal, Luís Pérez, recriminou a actitude “negacionista” do Goberno galego do que din estar máis preocupado en negar a realidade que en poñerse a traballar para evitar danos económicos e ambientais maiores. Por último, tamén piden abrir un diálogo coas comunidades de montes para recuperar o monte queimado e para apostar por un novo modelo no que haxa rendemento económico, pero no que coidemos o noso medio natural potenciando as especies autóctonas.