Os cheiros, humidades e catas no teito sen pechar durante meses fai desta oficina un espazo insalubre e precario que non respecta os dereitos mínimos de prevención de riscos laborais.
O Partido Popular de Oleiros fíxose eco da situación actual da Oficina Municipal, situada en planta superior da antiga Cámara Agraria.
Tras varias denuncias ao Concello sobre a precaria situación desta oficina, lonxe de solucionarse ou mellorar, foi empeorando polo deixamento cara a este espazo público durante o paso do tempo, non tendo en conta a insalubridade nin as condicións mínimas ambientais necesarias para facer uso dunha instalación pública.
“Poño en conocimento que o cheiro que afecta á garganta e ás vías respiratorias, segue na planta superior do edificio da antiga Càmara Agraria, ademais lémbrolles que hai meses fíxose unha cata no teito duns dos despachos e segue aberta, e todo iso despois de varios meses segue sen solucionarse.”
O principal problema desta oficina municipal é de cheiros, os cales son tan fortes e nocivos que chegan mesmo a afectar a garganta e vías respiratorias, especialmente á persoa funcionaria que se atopa nestas dependencias de forma habitual e aos cidadáns que acoden á mesma de forma puntual.
Ademais desta situación de saúde, a cal é de xeito evidente prexudicial e non corresponde cunha oficina municipal que cumpra dignamente os requisitos de prevención de riscos laborais, é rechamante o deixamento na cal se atopa este espazo: pintura desconchada por humidades, gretas en paredes, xanelas e teito ou luces sen portalámpara no baño son algúns exemplos deste “terrorismo visual” impropio dunha dependencia municipal.
Entre os danos anteriormente mencionados, destaca un buraco que leva feito desde a primeira quincena de maio nun teito para a realización dunha cata e que non foi reparado nin pechado, tras solicitalo reiteradamente a persoa funcionaria que aí se atopa.
Ante estes feitos, o Partido Popular de Oleirosrequiere de forma urxente a reparación destes danos e o seu posterior mantemento, non só para garantir o que as dependencias municipais sexan visualmente dignas, senón, sobre todo, porque os dereitos laborais da persoa que faga uso do mesmo véxanse respectados.