O prazo de inscrición abrirase o venres para persoas empadroadas
O Concello de Cabanas informa da apertura do prazo de inscrición nas actividades deportivas, culturais e musicais para o curso 2022/2023, para o cal establécense dúas quendas: unha para persoas empadroadas en Cabanas ou alumnado matriculado no CEIP Eladia Mariño, do 9 ao 16 de setembro, e outro aberto a todo o mundo, do 19 ao 23 de setembro.
Actividades ofertadas
Para as nenas e nenos desde 5º de educación infantil ata a rapazada da ESO ofrécense as actividades de manualidades, xadrez, teatro, psicomotricidade, predeporte, multideporte, multideporte ESO, judo, patinaxe e pádel, mentres que as persoas adultas poderán acceder, dentro das actividades culturais, a bolillos, corte e confección e teatro; e nas de deporte a ioga, bailes latinos, pádel, ximnasia terapéutica, pilates, tenis e ximnasia pélvica e hipopresiva.
As actividades de música, destinadas tanto a menores como persoas adultas, ofertará as actividades de iniciación á música, linguaxe musical, harmonía, análise, violonchelo, piano e guitarra.
Está previsto que as actividades comecen o 3 de outubro de 2022, e se extenderán até o 30 de xuño de 2023.
Documentación a presentar
Para inscribirse en ditas actividades é preciso realizar a inscrición por rexistro, debendo presentar a documentación que pode descargarse desde a web cabanas.gal ou nas oficinas xerais do Concello a partir do día 9.