Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para a festa Holi da Pobra


Unha das actividades que integran a programación da celebración do Nazareno é a festa Holi que encherá de cor a tarde do sábado 17. Trátase dunha proposta dirixida a tódolos públicos que se impulsa dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e que se focalizará nas pistas deportivas do Castelo a partir das 17.30 horas.

Para asistir é preciso anotarse de balde na páxina web www.somosenredos.com e a data límite establécese no 14 de setembro. Farase entrega dunhas lentes e pigmentos en distintas tonalidades no propio día do evento. Anímase, ademais, a acudir con vestimenta branca para que as cores resulten máis vistosas.