Diana Sieira presentará este venres no Concello de Betanzos a súa obra, ‘The Witch: un espectáculo ritual’, unha peza, que conta a historia dunha das miles de mulleres acusadas por bruxería na Idade Media
O sábado 10 de setembro presentarase o vehículo oficial do ciclo pintado por Gosia Trebacz no concesionario do Grupo Caeiro, patrocinadores da quinta edición do ciclo, cunha pequena intervención por parte da artista e a actuación de Silvia Penide.
O resto do mes estará marcado por concertos de grandes artistas e bandas internacionais e nacionais como a neoiorquina Leah Woods e os canadenses Bywater Call o 14 e o 16 na Sala Mardi Gras e Freedonia, unha das bandas de soul máis aclamadas, o día 29 no Teatro Colón.
A banda canadense Bywater Call
O Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, Elas Son Artistas, continúa este mes de setembro achegando cultura en clave feminina aos dez concellos da área metropolitana que participan nesta quinta edición presentada o pasado mes de abril e pola que xa pasaron artistas coma Ede, os suecos The Riven, o dúo poético-musical Aldaolado, a pianista Aida Saco, a ilustradora Rebeca Losada…
O venres será a quenda do teatro. Diana Sieira leva anos demostrando a posibilidade de combinar a nosa paixón e o noso traballo coas nosas inquietudes. Algo que consegue en ‘The Witch: un espectáculo ritual’. Esta perfomance teatral, que conta a historia dunha das miles de mulleres acusadas por bruxería na Idade Media, poderemos vela este venres 9 de setembro (20.30 horas) no Edificio Liceo no Concello de Betanzos, na Aula de Cultura Xulio Cuns. Entrada libre ata completar aforo.
O sábado 10 de setembro (12.00 horas) presentarase no concesionario do Grupo Caeiro, patrocinadores da quinta edición de Elas Son Artistas, o vehículo oficial deste ciclo: un Renault Clío E-Tech, cedido por Caeiro, no que artista Gosia Trebacz puxo a súa marca e de cuxo proceso de creación artística nos falará nese acto. Ademais, estará acompañada por unha actuación de Silvia Penide. O vehículo eléctrico poderase ver circulando ata finalizar o ciclo no mes de novembro. As inscricións para asistir poderanse realizar a través da páxina web www.elassonartistas.gal a partir das 18.00 horas.
O resto do mes de novembro estará marcado polo regreso das xiras de grandes bandas internacionais á mítica Sala Mardi Gras do Concello da Coruña, como é o caso da estadounidense Leah Woods, que actuará o vindeiro 14 de setembro (21.30 horas). Leah é unha artista procedente de Saratoga Springs (Nova Iork), amante do surf, do skate, do esquí, da aventura… algo que reflexa á perfección no seu soul/indie/folk. Tras ela, un par de días despois será o regreso dunha das bandas que xa nos visitou na pasada edición, os canadenses ByWater Call o 16 de setembro (22.00 horas), quen chegarán con cancións novas baixo o brazo. As entradas para ambos concertos xa están á venda a través de entradium.com
Setembro rematará co directo dunha das banda de referencia na escena estatal de música soul e funk, formada por unha voz incendiaria e oito músicos que rezuman creatividade, posúen unha potente sección rítmica e ofrecen un directo demoledor. Freedonia serán os encargados de encher o Teatro Colón da Coruña o día 29 de setembro (21.00 horas) co seu espectáculo musical ‘Conciencia’. As entradas están á venda a través de ataquilla.com
ELAS SON ARTISTAS
Elas Son Artistas é moito máis que un festival ou un ciclo de espectáculos artísticos. É unha reivindicación pola igualdade, unha homenaxe á muller creadora, que como sempre, será en todo momento protagonista.
Un festival posible grazas ao apoio institucional dos concellos que participan do mesmo, pero tamén grazas á suma a nivel patrocinio de empresas privadas como Gadis e Caeiro e colaboradores como MIM – Mujeres de la Industria de la Música, AIE – Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España, Coca-Cola e a República Musical Mardi Gras. Finalmente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia tamén colabora en aqueles espectáculos que se realizan en galego.
DATAS DOS EVENTOS:
– 9 de setembro – The Witch – Xulio Cuns, Concello de Betanzos.
– 14 de setembro – Leah Woods – Sala Mardi Gras, A Coruña
– 16 de setembro – ByWater Call – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
– 29 de setembro – Freedonia – Teatro Colón, A Coruña
– 28 de outubro – Leticia Rey – Auditorio do Edificio usos múltiples do Burgo, Concello de Culleredo
– 29 de outubro – Ana Curra – Garufa Club, Concello da Coruña (ese día tamén presentará o libro sobre a súa traxectoria vital)
– 18 de novembro – LaMontagne & PicoAmperio + Lúa Mosquetera & Pablo Seijas – Casa da Cultura Pintor Lloréns, Concello de Sada
– 19 de novembro – Gala Elas Son Artistas – Centro Ágora, Concello da Coruña na que actuarán Carolina Rubirosa, Ángeles Dorrio, entre outras.
– 26 de novembro – MJ Pérez – Auditorio de A Senra, Concello de Bergondo.