O Concello de Riveira informa de que xa está aberto o prazo de solicitude do bonobús para o curso académico 2015-2016 que está dirixido a estudantes riveirenses que se están a formar en Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.
As bonificacións a que teñen dereito os alumnos son do 40% do custe da viaxe nos talonarios de 10 desprazamentos; do 50% nos talonarios de 20; e do 75% nos de 60.
Os talonarios deberán ser retirados nas correspondents empresas (Arrivas S.A. para os traxectos Riveira-Santiago e Santiago-Riveira; Castromil para Vigo-Pontevedra-Coruña-Ferrol-Ourense) e Freire S.L. (para Santiago-Lugo e Lugo-Santiago), previa presentación da autorización expedida polo Concello.
Como requisitos cómpre estar empadroado en Riveira e cursar ensinanza especial regrada que non poida ser realizada no noso municipio.
A documentación a presentar (fotocopia do matrículo do curso actual e fotocopia do DNI) debe ser entregada no Departamento de Tesourería-Recadación do Concello (andar baixo do Consistorio Local).