Friday 22 de November de 2024

O Trofeo de Fútbol Concello de Neda disputarase este sábado no campo municipal


O triangular, que dará comezo ás 17:15 horas con entrada libre, contará coa participación do CCRD Perlío, SCD A Capela e os locais SD Rápido de Neda

Coincidindo coas festas patronais de Santa María, o campo municipal Juanito González acollerá este domingo 11 de setembro o Trofeo de Fútbol Concello de Neda. Organizado polo clube local coa colaboración do Concello, arrancará ás 17:15 horas, con entrada libre. Contará coa participación do CCRD Perlío, da SCD A Capela e dos locais, a SD Rápido de Neda. Unha magnífica oportunidade para desfrutar do mellor fútbol da comarca.

Os equipos da Capela e do Neda inaugurarán o calendario para, unha hora máis tarde, sobre as 18:15 horas, dar paso ó Perlío e ó perdedor do primeiro encontro.

Finalmente, ás 19:15 h disputarase o terceiro amistoso, entre o Perlío e o gañador do primeiro partido. Ao remate, entrega de trofeos.