O Auditorio do Museo Valle-Inclán converterase en escenario dunha nova cita literaria. Manuel Gago Pérez continúa coa xira da presentación do seu libro Galeóns, vapores e motoras que fará unha parada na Pobra do Caramiñal no 9 de setembro, ás 20.30 horas.
Organizado pola Concellaría da Cultura, o acto contará coas intervencións do propio autor e da edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
A obra fai un repaso pola historia da pasaxe na ría da Arousa, focalizándose nas embarcacións destinadas a tal fin e o papel que xogaron no movemento socioeconómico de ámbalas marxes.
O acceso é libre ata completa-la cabida.