Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición no curso 2022-2023 da Ludoteca municipal da Solaina


A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de matrícula para inscribirse no curso 2022-2023 da Ludoteca municipal da Solaina. As citadas instalacións ofrecen os seus servizos de conciliación a familias con menores de 2 a 12 anos e terán prioridade as usuarias e usuarios que se inscriban a tempo completo na opción elixida das tres dispoñibles.

Taibo indicou que se ofertan un total de 55 prazas, das que 20 son para menores de 3 a 6 anos, outras tantas para os de 7 a 12 e as quince restantes para os de 2 anos. Os xogos, os xoguetes e os libros son os elementos cos que ao longo do curso se traballará a socialización coas rapazas e rapaces. Taibo explicou que se poden anotar no propio centro de 19.00 a 20.00 horas –atención ao público- nas quendas establecidas: os luns, mércores e venres de 16.00 a 19.00 horas; os martes e xoves de 16.00 a 19.00 ou os luns e martes de 18.00 a 19.00 horas.

As persoas que desexen máis información poden desprazarse ao centro –ubicado no número 2 da rúa Cardenal Cisneros, na Solaina- de luns a venres entre as 13.00 e as 14.00 horas, e a partir do día 8 deste mes de 19.00 a 20.00 horas. Tamén se pode escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es, chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou consultar o Facebook da Ludoteca municipal de Narón.