Saturday 16 de November de 2024

Purga na estación potabilizadora de Roupión pola presenza de cinzas


O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que as fortes chuvias desta madrugada arrastraron as cinzas dos recentes incendios na comarca á captación do río das Pedras, que fornece de auga a estación potabilizadora de Roupión. A empresa concesionaria do servizo está traballando para o restablecemento da rede, polo que cal producirán cortes nas zonas de Santa Cruz, Entrerríos, A Banda, A Casa Queimada, Freán, As Pedriñas, Os Vilares, Rego, Rosamonde e A Gándara, o cal afectará unhas 250 vivendas.

 

Debido a que a auga non é apta para o consumo pola presenza das impurezas, actualmente esta a se baleira-lo depósito para volver enchelo coa auga que recibimos do Ulla.

 

Estas tarefas son laboriosas, polo cal se estima que o corte dure unhas 6 horas para que a subministración recupere a normalidade.