O xoves 8 de setembro ás 17:30 horas chega a Santa Cristina o Festival de Ilusionismo da man de Román García.
“Galicia Ilusiona” (@galiciailusiona) é un Festival de Ilusionismo que leva a maxia e a ilusión por toda Galicia e que chega a Oleiros da man de Román García. Na actividade de MAXIA NA RÚA diferentes artistas, magos, magas, ilusionistas de primeiro nivel e cunha longa traxectoria profesional; recorren máis de 100 localidades galegas durante os meses de agosto, setembro e outubro para encher de ilusión ás familias.
O día 8 de setembro, en Oleiros, Román García será o encargado de encher de sorrisos o Parque José Martí nunha xornada de máis de 45 minutos de maxia para público familiar.
En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Auditorio da Fábrica (Rúa do Inglés, Perillo).