• O importe total da subvención ascende a 461.243 euros
O Concello de Cerdido aprobou por unanimidade no pleno celebrado o pasado mércores a moción pola cal se ratifica a solicitude de subvención para o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia destinada polo Ministerio de Transición Ecolóxica aos concellos afectados polo peche da Subvención Endesa de As Pontes.
A contía desta subvención ascende a un total de 461.243 euros, que irían destinados a un proxecto ambicioso para reformar e rehabilitar a Casa da Cultura de Cerdido.
Ese diñeiro emplearíase en cambiar a cuberta, obras de eficiencia enerxética, creación de aulas de formación e eliminar as barreiras arquitectónicas. Ademais, tamén se vai crear un espazo de coworking para acoller emprendedores e adecuar un lugar para albergar unha futura Casa do Maior.
En declaracións do alcalde, Benigno Galego, “este proxecto suporía un gran investimento para o Concello de Cerdido, dotando aos veciños e veciñas dunha infraestrutura renovada, moderna e adaptada aos tempos que corren”.
“O espazo de coworking e a Casa do Maior son dous proxectos ambiciosos do noso equipo de goberno que, por un lado pretende atender a necesidade de descentralizar o traballo para que os mozos e mozas podan quedar a vivir en Cerdido, e por outro intenta respostar á necesidades dos nosos maiores, coa creación dun lugar especialmente preparado para eles.