• O proxecto de construción da infraestrutura conta cun orzamento de 750.000 euros cofinanciados entre fondos municipais e autonómicos.
• Asistiron ao acto inaugural o alcalde, Juan Alonso Tembrás; o presidente provincial do Partido Popular na Coruña, Diego Calvo; a delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros; José Manuel Rey Varela, deputado autonómico; Verónica Casal, senadora do grupo parlamentario popular e alcaldes e concelleiros da Comarca.
O Concello das Somozas inaugurou esta mañá o novo centro cívico da localidade. Os traballos, tanto no interior como no exterior, contaron cun orzamento de 750.000 cofinanciados entre a Xunta de Galicia e a Administración local.
Asistiron ao acto inaugural o alcalde, Juan Alonso Tembrás; o presidente provincial do Partido Popular na Coruña, Diego Calvo; a delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros; José Manuel Rey Varela, deputado autonómico; Verónica Casal, senadora do grupo parlamentario popular e alcaldes, concelleiros e concelleiras da Comarca.
Esta nova infraestrutura sitúase no centro urbano, na zona onde estaba instalado o antigo cuartel da Garda Civil. O Concello das Somozas adquiriu os terreos, titularidade do Ministerio de Interior, para poder darlle un novo uso ó espazo.
Ademais dun aspecto exterior moderno e unha contorna acorde á accesibilidade e integración co medio, no interior conta con mobiliario novo completamente. Bancos para o vestíbulo, un mostrador de recepción, mesas e cadeiras; elementos para a biblioteca e para a sala da lectura; o propio para a cafetería; unha tarima desmontable para o salón de actos, mesas e cadeiras; e tamén mobiliario para a sala polivalente, que contará un tabique móbil para configurar as dependencias en función da actividade que se desenvolva no interior.
Segundo explicou o alcalde, Juan Alonso Tembrás, “o novo centro cívico das Somozas permitirá mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e das persoas de toda a comarca que queiran acceder ó mesmo”. Neste sentido, destacou que “se trata dun dos proxectos máis ambiciosos do Concello a nivel social e económico”.