• Os espazos, marcados de cor laranxa, están instalados en distintos puntos do centro urbano e permitirán un tempo de estacionamento máximo de 15 minutos.
O Concello de Miño dispón xa de oito puntos de ‘aparcamento exprés’ no seu núcleo urbano instalados coa finalidade de facilitar a realización de compras e diversos trámites.
As zonas de estacionamento, pintadas de cor laranxa, permitirán aos condutores aparcar os seus vehículos durante un tempo máximo de quince minutos de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e os sábados en horario matutino, de 09.00 a 14.00 horas.
Os novos puntos de estacionamento están habilitados enfronte ás dúas farmacias, a oficina de Correos, dúas na rúa Raxel, outros dous na rúa Loios e un na rúa Carreira.
Desde o goberno local sinalan que ‘esta é unha medida encamiñada a favorecer ou noso comercio local e ou tránsito non centro urbano’.