• As actividades comezan o 12 de setembro e haberá grupos na Pedra, Feás, Cariño, Landoi e Sismundi, se se cobre a cota mínima.
• As participantes o curso anterior que desexen continuar, só teñen que asistir no seu horario e localización habitual.
• As persoas interesadas en sumarse poden anotarse ata o xoves 8 de setembro na casa do concello, de 9 a 14 horas.
O Concello de Cariño abriu hoxe, venres 2 de setembro, o prazo para novas inscricións no programa municipal de ‘Envellecemento Activo 2022-2023’, un servizo que pretende fomentar uns hábitos saudables e unha vida activa entre os máis maiores da localidade.
As actividades comezan o 12 de setembro e haberá grupos na Pedra, Feás, Cariño, Landoi e Sismundi, se se cobre a cota mínima. As persoas participantes nos obradoiros o curso anterior que desexen continuar só teñen que asistir ás clases no seu horario e localización habitual mentres que as novas inscricións poden anotarse ata o xoves 8 de setembro na casa do concello, en horario de 9 a 14 horas.
Este programa inclúe propostas como talleres de memoria, ximnasia, actividades físicas, xogos, novas tecnoloxías, etc.