Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento de Camilo Guevara


O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento de Camilo Guevara March, fillo de Ernesto Che Guevara. O Goberno municipal recorda con agarimo e gratitude a súa presenza en Oleiros no ano 2008 con motivo da inauguración do Monumento á Cooperación Internacional que está representado na figura do seu pai.

Non é fácil para un fillo arrastrar con dignidade o asasinato vil dun pai pola súa defensa da liberdade dos pobos. Pero ti, camarada Camilo, non te conformaches con iso. Representaches en moitos rincóns do mundo, vencendo a tentación de caer no duelo inoperante que o inimigo desexaba, os valores que el defendeu para que o seu legado siga vivo para os que cremos que outra sociedade distinta é posible. Fixéchelo caladamente, desde a retaguardia, coa túa presenza sempre amable, loitadora e reconfortante.

Estarás sempre presente en Oleiros! Que a terra che sexa leve!