Friday 22 de November de 2024

O concello desenvolverá un proxecto dirixido a potenciar a compostaxe doméstica


A iniciativa lévase a cabo coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

O Concello ten en licitación o contrato para a subministración de 230 composteiros e outros tantos kits de compostaxe que se adquirirán coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de axudas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión dos biorresiduos.

Cada composteiro terá unha capacidade de 400 litros e estará realizado en material 100 % reciclado. Contarán cunha tapa superior con peche anti-vento e dobre apertura, así como cun sistema de montaxe sinxelo. Os kits de compostaxe estará composto por aireador de aceiro inoxidable, rede antirroedores e manual impreso coa información necesaria para a correcta realización da compostaxe.

Este contrato de subministro ten un orzamento de 35.000 euros. O material que se vai adquirir ten por finalidade desenvolver o proxecto municipal dirixido a potenciar a reciclaxe doméstica nas vivendas particulares unifamiliares que dispoñan dunha parcela de, alo menos, cincuenta metros cadrados. Unha vez o Concello dispoña dos composteiros, realizará unha campaña informativa dirixida prioritariamente a ese colectivo.

A compostaxe doméstica consiste na reciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio particular pode utilizar no seu xardín, horta ou terras de cultivo, substituíndo aos fertilizantes artificiais.

Con esta iniciativa procúrase o dobre obxectivo do respecto ao medioambiente e tamén económico, xa que, por unha parte, as vivendas produtoras de compost poderán utilizado para o seu uso persoal e, ademais, reducirase a carga de residuos sólidos urbanos que se depositan nos colectores.