Friday 22 de November de 2024

O Concello abriu hoxe o prazo de inscrición nos obradoiros da Escola de Música Moderna e para solicitar o uso das Aulas de Ensaio


O Concello de Narón abriu hoxe o prazo de inscrición para solicitar Aula de Ensaio e nos obradoiros impulsados dende a concellería de Mocidade, dirixida polo edil Pablo Mauriz, a través da Escola municipal de Música Moderna na Casa da Mocidade. Obradoiros de iniciación e perfeccionamento de guitarra, piano e batería e Aulas de Ensaio para grupos musicais son as propostas que se retomarán dende outubro deste ano ata maio de 2023 no caso dos obradoiros e xullo do vindeiro ano no das Aulas de Ensaio. Os obradoiros diríxense a mozas e mozos empadroados en Narón de entre 12 e 30 anos e as prazas das Aulas de Ensaio son para grupos musicais con alomenos unha persoa desa mesma idade e empadroada en Narón.

Os obradoiros de iniciación e perfeccionamento de guitarra ofertan un total de 14 prazas, catro por grupo, e os horarios serán: para iniciación os luns e mércores de 16.00 a 17.00 ou de 17.00 a 18.00 e para perfeccionamento os luns de 19.30 a 20.30 e os martes de 20.30 a 21.30 horas.
As clases de piano, con oito prazas, tamén catro por grupo, serán os xoves de 18.00 a 20.00 para o grupo de iniciación e ese mesmo día de 16.00 a 18.00 horas para perfeccionamento.
En canto ás clases de batería hai oito prazas dispoñibles, catro por grupo, con horario para iniciación os luns e xoves de 20.30 a 21.30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16.00 a 18.00 horas.

Así mesmo, Mauriz indicou que as Aulas de Ensaio para grupos musicais dispoñen de prazas para un total de cinco grupos, con outras tantas aulas que estarán operativas o luns de 18.00 a 19.30 e martes de 19.00 a 20.30; os martes de 16.00 a 19.00; os mércores de 18.00 a 21.00; os venres de 17.30 a 20.30 e o sábado de 11.00 a 14.00 horas, en función de cada unha delas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata esgotar as prazas dispoñibles, podendo tramitarse a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A taxa a aplicar será de 8,15 euros ao mes no caso dos obradoiros e desa mesma contía por persoa ao mes no das Aulas de Ensaio, tal e como se recolle na ordenanza fiscal número 15, do Servizo Sociocomunitario.

As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a Sede Electrónica de Narón ou dirixiese ao Servizo Sociocomunitario Municipal, primeiro andar do Concello, ao correo electrónico omix@naron.es, ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111/1108/1109).