Friday 22 de November de 2024

Alternativa de Arteixo denuncia a situación de pánico na que vive a veciñanza do lugar da Esfarrapa


Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia a situación de pánico na que vive a veciñanza do lugar da Esfarrapa na parroquia de Barrañán, xa que a maioría das parcelas que rodean o núcleo incumpren as leis de montes e de incendios.

A veciñanza do lugar de Esfarrapa, leva moito anos solicitando sen éxito ao concello, que actúe e que obrigue aos propietarios para cumprir coas leis e as normativas vixentes de prevención e defensa contra os incendios forestais.

“Desde que existe no país un rexistro de datos sobre incendios forestais, o ano 2022 xa é o segundo peor ano da historia en canto a hectáreas calcinadas e, por suposto, é o peor ano no que levamos de século. Pero, estes datos non parece ser suficientes ou importantes para o Goberno Municipal de Arteixo, xa que non fai absolutamente nada en materia de prevención de incendios forestais” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“O actual goberno municipal non é quen de xestionar e dirixir as diferentes áreas do concello. Existe unha evidente carencia de xestión e coordinación” matiza Noelia Martínez.