Friday 22 de November de 2024

A rapazada de Touro xa está de volta tras desfrutar na Illa de Ons dos Campamentos de Verán 2022


O grupo de rapaces e rapazas do Concello de Touro, dos oito aos 16 anos, que desfrutaron dos Campamentos de Verán 2022 na Illa de Ons, xa están de volta. Chegaron a Touro despois de pasar oito días na Illa de Ons. Ao baixar do autobús abrazáronse emocionados entre eles e cos seus monitores e despedíronse tras as xornadas de ledicia que pasaron xuntos. Foron días intensos para aprender, xogar, compartir e facer amigos. Os rapaces e rapazas de Touro desfrutaron de actividades, de xogos, do mar e da praia.