Friday 22 de November de 2024

A Xunta colaborará cos ciclistas galegos para erradicar as trampas nos montes


O vicepresidente mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Ciclistas Galegos para analizar a problemática e buscar solucións

O vicepresidente, Alfonso Rueda, vén de manter unha reunión co presidente da Asociación de Ciclistas Galegos, Juan Torrado, para analizar a problemática das trampas nos montes que ameazan a estes deportistas e ofrecerlle a colaboración da Xunta para rematar con esta problemática, que pon en risco os practicantes do deporte da bicicleta de montaña.

Na reunión tamén estiveron os principais responsables autonómicos con competencias na materia, como son o secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete; o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco Fernández.

No encontro, o vicepresidente comprometeuse a que a Policía Autonómica investigará as denuncias e ademais aproveitará as patrullas que están polos montes galegos para garantir a seguridade dos ciclistas.