Friday 22 de November de 2024

Turismo de Galicia promociona a practica do golf senior en Galicia a través do VIII Circuíto Cenor-Camiño de Santiago


O circuíto leva celebrándose ininterrompidamente desde o ano 2008 consolidándose como un dos circuítos amateurs por parellas máis importantes do norte de España

O Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela acolleu a entrega de premios do Circuíto de Golf Cenor – Camiño de Santiago. O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o xerente de Cenor , e o director do circuito,

Durante a presentación a directora de Turismo de Galicia asegurou que este circuíto constitúe unha iniciativa única para posicionar Galicia como destino de golf xa que permite disfrutar deste deporte nun entorno único e combinar a práctica deportiva, a enoloxía, a gastronomía e a actividade cultural.

Neste senso, Nava Castro destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e lles axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do destino. “A práctica do golf en Galicia incentiva o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino, xa que os nosos campos de golf están totalmente integrados na natureza e na paisaxe”, afirmou.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o feito de potenciar o turismo de golf na nosa comunidade enriquece a oferta turística e contribúe á captación de novos segmentos, consolidando a nosa comunidade como un destino experiencial.

Nava Castro explicou que un dos plans de acción recollidos no Plan Integral de Turismo de Galicia céntrase no desenvolvemento de produtos turísticos especializados dirixidos a segmentos de público específico. Neste senso, sinalou diversas iniciativas recollidas no mesmo encamiñadas á promoción, á captación de turistas e ao establecemento de sinerxías con operadores nacionais e internacionais especializados no Turismo de Golf.

Así mesmo, Nava Castro resaltou que a práctica do golf na nosa comunidade pódese combinar con outros grandes atractivos galegos, como o termalismo, a enogastronomía, ou o Camiño de Santiago –como neste circuíto- o que, segundo afirmou, “supón un valor engadido para todos aqueles que queiran gozar da práctica deportiva do golf”.

Premios especiais
Turismo de Galicia figura colabora coa celebración deste circuíto de golf co obxectivo de promover a práctica do golf senior na comunidade galega e difundir os valores de Galicia como destino de golf.

a entidade de promoción turística da Xunta de Galicia, ofreceu neste circuíto un premio á mellor parella sénior de cada unha das probas celebradas fóra de Galicia consistente nun convite a participar na final que se celebra no Real Aeroclub de Santiago.

Entre outras accións, Turismo de Galicia entregou un premio á mellor parella sénior de cada unha das probas celebradas fóra de Galicia consistente nun convite a participar na gran final celebrada hoxe no Real Aeroclub de Santiago

Así mesmo, Turismo de Galicia colabora tamén na final deste evento cun premio á mellor parella senior de fóra da comunidade galega, consistente nunha ruta polos campos de golf de Galicia ao longo dunha semana para gozar, ademais, da oferta turística galega.

Participación
Nas nove probas clasificatorias do circuito, que tiveron lugar en Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria e Asturias, participaron máis de 1.000 afeccionados, dos que a metade foron golfistas de fóra de Galicia e 220 xogadores sénior.

O Circuíto de golf Cenor- Camiño de Santiago leva celebrándose ininterrompidamente desde o ano 2008 consolidándose como un dos circuítos amateurs por parellas máis importantes do norte de España.