Ás 8.00 h da mañá de hoxe, martes 30 de agosto, o parque de Bombeiros recibe aviso por mor dun incendio nun autobús da empresa Rías Baixas, que presta servizo para o Concello, na parroquia de Aríns, lugar da Cacharela, e que nese momento se atopaba baleiro.
Ás 8.20 h os bombeiros chegan ao lugar e cando están montando o operativo para proceder a apagar o incendio, de forma sorpresiva, o autobús desprázase e atropela a un bombeiro en prácticas que estaba de observador, sen intervir no dispositivo.
A pesar da rápida intervención dos servizos sanitarios non foi posible a súa reanimación.
O Concello de Santiago lamenta profundamente este tráxico suceso e únese á dor da familia, dos seus compañeiros e amigos.