Saturday 16 de November de 2024

O Concello destina 3,2 millóns de euros para a renovación da iluminación pública de todo o municipio


• Este proxecto, financiado a través dunha subvención de 1,8 millóns de euros por parte do IDAE, permitirá substituír por luminarias LED os 4.534 puntos de luz do termo municipal.

• O prazo para a presentación de ofertas no perfil de contratante finaliza o 21 de setembro.

O Concello de Miño sacou a licitación o novo proxecto para a renovación e xestión da iluminación pública en todo o municipio, unha actuación que conta cun orzamento de 3,2 millóns de euros e que está financiada a través dunha subvención de 1,8 millóns de euros concedida por parte do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Esta actuación permitirá renovar completamente toda a iluminación do municipio, un total de 4.534 puntos de luz, unha aposta clara do goberno local polo aforro enerxético e pola diminución da contaminación lumínica.

O proxecto inclúe a substitución das actuais luminarias de vapor de sodio, halogenuro metálico ou vapor de mercurio por outras tipo LED, máis eficientes, e tamén a actualización dos 92 cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente, reducíndose a potencia de 2.840.384,104 kW a 812.245 kW e conseguindo un aforro enerxético do 63%.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, explicou que “imos a mellorar e a modernizar a iluminación dás rúas e vías de todo ou municipio” e destacou que “este cambio tamén permitiranos ser máis respectuosos co medio e conseguir un gran aforro na factura, podendo así destinar eses cartos a outro tipo de actuacións para vos veciños e veciñas de Miño”.

O prazo de presentación de ofertas na plataforma pública do perfil do contratante municipal finaliza o 21 de setembro.