O Atlético San Pedro e o Obrero de Oleiros enfrontaranse o vindeiro sábado (Campo Leonardo Maceira, Os Regos, 18:00 horas) na gran final do LI Trofeo Concello de Oleiros de fútbol. Nas semifinais, o Atlético superou ao Xuventude de Dorenda por 5-2 e o Obrero venceu ao Marino de Mera por 6-5.
Ademais dos dous equipos que se disputarán o título, Cristo Rey, Marino, Unión Campestre, Santa Cruz, Dorneda, Mercurio e Hércules tamén participaron nesta competición que organiza todos os veráns o Concello de Oleiros. Repártense 7.659 euros en premios entre todos os equipos participantes.