O Museo do Traxe Juanjo Linares continúa a recibir a visita de turistas chegados de todos os recunchos de España. Nesta ocasión as portas abríronse para recibir a un grupo numeroso chegado dende Madrid. Ademais da mostra de máis de 300 traxes que se exhiben nas súas vitrinas o director do centro, Manuel Viqueira, achegoulles a vida e a obra do mentor deste espazo cultural.