Terá un custo de 25 euros por persoa e para apuntarse será necesario chamar ao 686 35 28 66.
O Concello de Abegondo impulsará os primeiros días de setembro un taller de enxertos de froiteiros, que terá un custo de 25 euros por persoa e para o que anotarse será imprescindible contactar no teléfono móbil 686 35 28 66.
Celebrarase na Casa do Concello o luns 5, martes 6, mércores 7 e xoves 8 de setembro en horario de 19:15 a 21:45 horas. Combinaranse sesións teóricas coa parte práctica, que se executará o xoves.
As prazas son limitadas, cun número máximo de quince (15).