Friday 22 de November de 2024

O mércores finaliza o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf


O prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Golf estará aberto ata o mércores 31 de agosto. Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2005 e 2012.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas a esta escola, deberán enviar ao correo electrónico deportes@oleiros.org o formulario de inscrición que se pode descargar da web municipal. En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público na Fábrica o día 5 de setembro ás 12:00 horas.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina, en particular e do deporte, en xeral. O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade, que terá un custo mensual de entre 17 e 8 euros, en función das idades. As clases desenvolveranse entre outubro de 2022 e xuño de 2023.

O Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, creouse a Escola Municipal de Golf.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=d4f49626-9df5-401f-bd7e-d414ea9bf4b8&groupId=12702