― Un técnico do Plan de Control de Vertidos e un garda fluvial de Augas de Galicia detectaron o vertido nun escape de auga dunha empresa
― O titular da empresa foi informado da situación e requiríuselle adoptar as medidas oportunas para eliminar o vertido por infiltración no terreo
― Nunha recente inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia comprobaron a emenda do punto, despois de que a empresa procedese ao tapiado da tubaxe indebida e a condución ao sistema de tratamento das augas residuais industriais da empresa
A Xunta eliminou un punto de vertido industrial no concello de Ribeira.
Un técnico do Plan de Control de Vertidos, en compañía dun garda fluvial de Augas de Galicia detectaron o vertido con indicios contaminantes nun escape de auga dunha empresa derramado a unha finca, e que escorregaba ata acadar un curso de auga superficial.
O titular da empresa foi informado da situación e requiríuselle adoptar as medidas oportunas para eliminar o vertido por infiltración no terreo.
Nunha recente inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia comprobaron a emenda do punto, despois de que se procedese ao tapiado da tubaxe indebida e a condución das augas mediante dispositivos de bombeo ao sistema de depuración existente para o tratamento das augas residuais industriais da empresa.