Monday 25 de November de 2024

A Igrexa de Santa Marta de Ortigueira acollerá un concerto de Carlos Núñez o vindeiro 9 de setembro ás 20:30 horas


A Igrexa de Santa Marta de Ortigueira acollerá un concerto de Carlos Núñez o vindeiro 9 de setembro ás 20:30 horas. O Concello pon a disposición das persoas interesadas a reserva de entradas, cuxo máximo serán de DOUS tiquets por persoa a partir do 31 de agosto, en días laborables nas oficinas do Consistorio ata esgotar localidades, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A través do enderezo electrónico ortigueiracultura@gmail.com poderanse solicitar desde o 30 de agosto ás 10:00 horas, indicando o nome ou nomes das persoas que asistirán, cun máximo de dúas por correo electrónico. Haberá un máximo de 75 entradas que se outorgarán por estrita orde de solicitude. Será totalmente de balde.

Ca finalidade de evitar asientos libres, 10 minutos antes da hora do concerto poñeranse
a dispospor do posible publico de agarda no templo as entradas devoltas ou espazos dispoñibles de persoas non presentadas no horario límite de entrada.

No templo, haberá unha zona reservada para persoas con mobilidade reducida, que terán que indicar esta circunstancia no momento da retirada das entradas ou a través do correo electrónico.

Entradas liberadas

Ca finalidade de evitar asentos libres, dez (10) minutos antes da hora do concerto poranse a disposición do público de agarda as entradas devoltas ou os billetes dos asentos que non estean ocupados á hora límite de entrada ao concerto, as 20:15 horas. A apertura de portas será ás 19:30 horas.