Meses despois da desfeita realizada na avenida de Sada y sus Contornos para poñer a tubaxe para recoller as pluviais, os veciños seguen a sufrir as súas consecuencias. Alternativa dos Veciños recolleu as queixas dos veciños residentes na zona e dos usuarios habituais e transmitiullas os responsables da obra do Concello, en persoa e por rexistro en varias ocasións.
Todos vimos e sufrimos os buratos que unha vez finalizada a obra foron aparecendo na calzada, ademais dos ruídos que soportaron os veciños o pasar os coches. Non falemos do perigo que estes buratos supoñían para a circulación e incluso para os coches estacionados na zona. Esta situación durou varios meses ata que os “responsables” do Concello decidiron tapar eses buratos logo de facer unhas probas de como se atopaba o firme. No proxecto estaba previsto que se pavimentase a rúa enteira e non se fixo.
Alternativa dos Veciños reclamou e segue a reclamar tanto ao Concello como a Deputación, que foi a que aportou os fondos para a obra, que se depuren responsabilidades e tamén que se
axilicen os tramites para amañar esta desfeita.
Sexa como fose, este tema non é algo novo, e inexplicablemente levamos anos sen que se adiante nada ao respecto. Como non pode ser doutra maneira, Alternativa dos Veciños votou a favor para que de forma inmediata se proceda a iniciar os trámites para realizar esta obra tan demandada e necesaria para o colexio e para a cidadanía de Sada.