O rexedor anuncio a medida nun encontro de traballo co movemento asociativo
O Concello de Neda levou a cabo este mediodía unha reunión de traballo co tecido asociativo da localidade. Un encontro, no que o alcalde, Ángel Alvariño, anunciou que na segunda quincena de setembro asinaranse os novos convenios de cesión de locais municipais, cun prazo de 5 anos, co fin de darlle maior estabilidade á labor que desenvolven as entidades.
Na reunión, que tivo lugar na Casa das Palmeiras e á que asistiron outros membros do grupo de goberno, o rexedor municipal subliñou o bo facer das asociacións veciñais, culturais, deportivas e sociais nedenses e comprometeu o apoio do Concello ao seu traballo.
Nesta liña, avanzou que na segunda quincena do próximo mes unha vintena de entidades asinarán os novos convenios, que están a redactar os servicios municipais, e que amplían de tres a cinco os anos de vixencia do acordo para ceder ás asociacións locais de titularidade municipal nos que levar a cabo as súas reunións, encontros e actividades. Ademais, o concello asumirá os gastos de conservación das instalacións e os de consumo eléctrico. Neste punto, o alcalde solicitou máxima responsabilidade para evitar que a factura se dispare.
Pola súa banda, as asociacións ocuparanse das tarefas de limpeza e, no caso das culturais, pedirase que, a modo de contrapartida, realizarán ademais dúas actuacións anuais para o concello ou ben para outras entidades da localidade.
Alvariño mostrou no encontro o seu orgulloso polo traballo das asociacións – “En Neda temos o mellor tecido asociativa da comarca”, destacou- e reafirmou a vontade municipal de apoialo. Neste sentido, lembrou que ata o día 29 deste mes segue aberta a convocatoria de axudas municipais para a realización de actividades culturais e deportivas, convidando ás entidades presentes a optar á liña de subvencións.