Saturday 23 de November de 2024

O Concello abre o prazo de inscrición nun obradoiro do Servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural


O Concello ofrece un ano máis a través da Deputación da Coruña o obradoiro do proxecto “Cuidadanas” enmarcado no  Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Mujeres. As mulleres interesadas en inscribirse nesta iniciativa poden anotarse e informarse a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

A iniciativa aposta por mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, polo que se dirixe a mulleres que de xeito non profesional coiden ou coidasen a persoas en situación de dependencia. A través das áreas de Benestar Social, presidida por Catalina García, e Igualdade, dirixida por Mar Gómez, que presentaron hoxe a iniciativa, recordouse que se trata dunha convocatoria de balde e que é preciso para que se imparta cubrir alomenos oito prazas, tendo preferencia persoas de Narón.

O curso desenvolverase os xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro dende as 10.30 ata as 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa Illa San Vicente, 1). Saúde e autocoidado, “Quen coida de min”; Xestión do tempo, “O teu tempo, o teu lecer”; Escoita activa, “Se me escoito, escóitote”; Dixitalizadas, “Manexando o móbil” e Prevención do acoso na rúa son os temas que se abordarán nesta convocatoria.