O Concello de Oleiros abre a convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais sen ánimo de lucro para a promoción e difusión da cultura e do deporte para este ano 2022. En total repartiranse 201.870 euros entre todos os colectivos.
O obxectivo desta convocatoria é a promoción e o impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís. Poden concorrer a estas axudas todas as entidades veciñais, deportivas, culturais, xuvenís, comisións de festas, ANPA, e outros colectivos sen ánimo de lucro que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros. O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde mañá ata o 14 de setembro a través da Sede Electrónica.
BASES DA CONVOCATORIA: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=ba93178c-b122-4f8f-83a9-07ed11106511&groupId=12702